Desmontando a violencia de xénero

Por | Novas

Baixo este título o Concello de Rodeiro presenta unha iniciativa para o traballo na prevención da violencia de xénero dirixida á xuventude. Esta iniciativa finánciase con cargo aos créditos recibidos do Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade, a través da Secretaría de Estado de Igualdade. O proxecto desenvolverase os vindeiros días 15, 16 e 17 de abril de 2019 no salón de actos do Centro Cultural Municipal “Manuel Lamazares” a partires das 16:00h. e está dirixido a rapaces…

Read More

Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama

Por | Novas

O Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, en colaboración coa AECC, inicia a súa campaña no Concello de Rodeiro o día 12 de abril de 2019. Esta campaña consiste na realización gratuíta de mamografías a todas as señoras de 50 a 69 anos deste concello. As mamografías faranse na Unidade Fixa de Exploración, situada na Xefatura Territorial en Ourense (Avda. Zamora Nº 13). Mediante unha carta comunicaráselle o día,…

Read More

Día internacional do libro infantil e xuvenil 2019. Elisa Alfaya presenta “O contacontos máxico”

Por | Novas

O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural a cargo da maga Elisa Alfaya o vindeiro martes 2 de abril ás 11:00 horas no Centro Cultural Municipal. Elisa presenta o seu espectáculo “O contacontos máxico”. Había unha vez un mundo máxico no que os contos eran os protagonistas. Un a un empezaron a tomar vida mediante o poder da maxia. O contacontos é un espectáculo enfocado aos mais pequenos da casa. Foi creado para fomentar o amor á lectura….

Read More

Campaña “Separar con xeito, para reciclar a feito”

Por | Novas

O vindeiro xoves, día 28, coincidindo coa feira mensual que se celebra en Rodeiro levarase a cabo unha campaña sobre a reciclaxe. O obxectivo desta campaña é fomentar na cidadanía as boas prácticas no tratamento dos residuos como oportunidade para acadar os beneficios ambientais e económicos derivados da correcta separación e reciclaxe. Para elo, todos os que se acheguen á feira poderán recibir información da man de educadores ambientais que estarán á súa disposición na carpa informativa de 10:30 a…

Read More

Plan Termal “Depotermal 2019″ – Deputación de Pontevedra

Por | Novas

O Plan Termal da Deputación de Pontevedra “Depotermal 2019” pon en marcha dous programas termais cun total de 4.434 prazas. Programa de asistencia diaria a balnearios durante cinco días consecutivos. Programa termal con pernocta (de domingo a venres). Beneficiarias do plan termal, requisitos e documentación a presentar: Persoas empadroadas na provincia de Pontevedra que non padezan ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do plan e que cumpran algún dos seguintes requisitos: Nacer antes do 1 de xaneiro de 1969 (acreditarase…

Read More

Relación de seccións, mesas e locais electorais do Concello para as Eleccións Xerais convocadas para o día 28 de abril de 2019

Por | Novas

 No Boletín Oficial da Provincia (BOP) núm. 49, correspondente ao día 11 de marzo do corrente, publícase un edicto da Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral no que se fai pública a relación de seccións, mesas e locais electorais do Concello para as Eleccións Xerais a celebrar o vindeiro día 28 de abril de 2019. Ao Concello de Rodeiro correspóndenlle seis mesas electorais distribuídas en cinco locais electorais repartidos ao longo do Concello. Infórmase que, respecto de anteriores eleccións,…

Read More