Parroquias

O territorio comprendido no actual término municipal de Rodeiro foi formándose ó longo dos últimos séculos nun largo proceso onde o máis destacable é a alternancia dalgunha das súas parroquias entre as provincias de Lugo e Pontevedra.

No Antigo Réxime, o concello de Rodeiro estaba formado pola maior parte das parroquias coas que conta hoxe en día. Estas estaban integradas na xurisdicción de Camba, coa excepción da parroquía de Salto, de xurisdicción do mesmo nome, que pertenecía a provincia de Lugo.
A súa maior parte pagaban rendas ó Arcebispado de Santiago, tamén coa excepción de Salto e Vilela, que o facían ó señorío do Mosteiro de Oseira, e de San Xoán de Camba, cuias rentas eran administradas entre o arcebispado de Santiago e a familia de D. Melchor de Camba.

Non se producen variación ata a promulgacion dos primeiros concellos constitucionais no primeiro tercio do século pasado. A partir de 1812 divídese o que hoxe se coñece como Rodeiro en catro concellos que foron: Guillar, Carboentes, Camba e Rodeiro, encadrándose, os tres primeiros, no Partido Xudicial de Chantada, e Rodeiro no de Lalín.

Esta organización durou pouco tempo pois a finais do mesmo ano xa se produce unha primeira unión entre Camba e Rodeiro que pasan a formar un único concello.

A posterior división administrativa de Jaime de Burgos en 1835, vívese un momento movido no referente a adscripción provincial de Rodeiro, xa que pasou, a golpe de decreto, de pertencer á provincia única de Galicia, á provincia de Vigo, no año 1922, para asentarse definitivamente a partir de 1834, coa división moderna e a desaparición de Vigo como provincia, na de Pontevedra.

A partir do 28 de Decembro de 1835 queda oficialmente rexistrado na provincia pontevedresa e no Partido Xudicial de Lalín. A partir desta data gózase dunha estabilidade administrativa que só será alterada por feitos puntuais como puido ser a iniciativa da parroquia de Salto que, por dúas veces, demandou a segregación do concello de Rodeiro para integrarse en Antas de Ulla (anos 1884 e 1885).

Respecto da organización eclesiástica, tódalas parroquias de Rodeiro pertenecen ó Bispado de Lugo e arciprestazgo de Camba, coa excepción de Alceme que está adscrita ó arciprestazgo de Dozón, tamén do Bispado de Lugo.

A Portela

Unha das parroquias que conservan unha paisaxe máis tradicional, sitúase na parte occidental.

Álceme

Unha das parroquias que conservan unha paisaxe máis tradicional, sitúase na parte occidental.

Arnego

Limítrofe coa provincia de Ourense é a situada máis ó Sur. Nela sitúase Pena de Francia (914m.), monte que cerra a Serra do Faro. A súa paisaxe está marcada polo río do seu mesmo nome, que nace no seu territorio.

Camba

22-f-SXoanCamba_casa_fortaleza
Situada en pleno Val de Camba é a parroquia berce do señorío que dá nome a estas terras consideradas das primeiras habitadas de Galicia, concretamente polos Kempsios. A casa-fortaleza da linaxe dos Camba é unha construcción civil de mérito e a súa capela ten orixe no século XII.

Carboentes

Parroquia de grande tradición no concello. E a máis poboada ademáis da que presenta maior número de pequenas entidades de poboación. O seu nome débese á antiga elaboración de carbón no seu territorio, polo que transcorrían verdadeiras arterias de comunicación no pasado.

Posúe varias casas grandes que xunto coa súa igrexa e o castro de Baroncelle, o máis grande do municipio, forman os elementos de maior interese.

Fafián

23-f-SantiagodeFafian_xacementoParroquia con máis elementos monumentais-artísticos de interese. O Pazo de Trasulfe, a Tulla e a vila romana son os máis destacados, xunto coa súa rectoral e a igrexa parroquial. A vila romana excavada nos anos 70 é un exemplo caseque único de asentamento romano de interior. O xacemento arqueolóxico coñecido como “Porta de Arcos” foi excavado en 1972 polo Museo de Pontevedra, descubrindo restos dunha importante vila romana: bases de columnas, cravos de ferro, bronces do século II, valados de mampostería, cerámica, tégulas e vidro. A maior parte dos materiais atopados están depositados no Museo Provincial de Pontevedra, contando o Museo Municipal de Rodeiro cunha pequena mostra de tégulas, ladrillos, cerámica e ferramentas de ferro.

Guillar

A torre de Guillar, o único ben do Concello de Rodeiro catalogado por Patrimonio como Ben de Interese Cultural (BIC), é o seu emplazamento máis característico. Fonte de lendas e misterios posúe un aire militar e fidalgo que sitúa as súas orixes nas primeiras centurias do pasado milenio. Destaca a lenda sobre a aldea coñecida como Torobelo. É reseñable tamén a súa rectoral e o mirador do Alto de Guillar.

Negrelos

26-f-SanCibranNegrelos_CasaArcoA casa do Arco e a paisaxe fluvial do río Arnego cos sistemas de regadío de cantería son os elementos máis salientables desta parroquia occidental. Xunto coas parroquias limítrofes forma parte dos territorios nos que se practica a pesca fluvial pola idoneidade dos seus ríos.

O Salto

17-f-Casa_de_Vales_de_Failde_250

Xunto coa de Vilela forma o territorio dos antigos prioratos de Oseira. Aínda hoxe se poden ver dúas casas monacais no lugar de A Granxa.

Ademáis nesta parroquia sitúase a casa natal do ilustre persoeiro D. Francisco Javier Vales Faílde, quen a primeiros do século XX foi confesor da Raíña María Eugenia Victoria de Borbón.

Vales Faílde naceu o 7 de decembro de 1872 en Fornas, parroquia de San Salvador de Camba. En Chantada e despois en Ourense realizou os seus primeiros estudios. Licenciado e doutor en Dereito pola Universidade de Santiago, estudiou á carón do seu tío Benito Failde Ribadeneira, deán da catedral de Tui, Teoloxía, celebrando a súa primera misa no pazo da súa nai en Failde, parroquia de San Estebo de O Salto. Pola liña materna era parente do arzobispo de Valladolid, natural de Chantada, Sr. Ribadeneira; e por liña paterna do que fora de Zaragoza, Sr. García Gil, coñecido como “Santo gallego”.

Máis tarde trasladouse a Madrid, onde foi nomeado Vicario xeral da diócese (1899) e ocupou a cátedra de Principio de Economía Cristiá do Seminario. O bispo de Madrid, Sr. Guisasola, fíxoo seu Provisor en 1903 e en 1914 foi nomeado Xuís Auditor de número no Tribunal da Rota Española como sucesor do máis tarde Cardeal Primado Reig. Foi Capelán da Súa Maxestade o Rei Alfonso XIII, sacerdote do Real Palacio e Receptor da Real Capela.

Ademáis foi membro da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas, Correspondente da Real Academia de Historia, Vicepresidente da Real Academia de Xurisprudencia e Rector da Universidade Católica.

Estaba proposto para Bispo de Sión, Vicario xeral castrense e Patriarca das Indias, cando, ó parecer, se privou da vida. Esto ocurríu en Madrid o día 30 de marzo de 1923, ós 50 años de idade.

Mostrou grande interese polos temas sociais, colaborou na Revista Social, asistíu en 1913 en Londres a un congreso internacional para a represión da inmoralidade. Publicou traballos de socioloxía, literatura, dereito canónico, etc. entre os que destacan: Emigración (1901), La emigración gallega (1902), Un sociólogo purpurado (1909), Crisis de la familia obrera (1910), Rosalía de Castro, La Rota Española, La disolución del matrimonio rato, Las causas canónicas para el divorcio e La emperatriz Isabel.

18-f-S.EstevoSalto_Retoral

Doutro lado, son importantes a súa rectoral, os emplazamentos de castro pequeno e castro grande e a mámoa “Coto dos mouros”. De todos eles se dá ampla información nas vindeiras liñas.

Tamén é salientable o machado de bronce atopado nesta parroquia no lugar de Casardixo no ano 1948. Hoxe está extraviado, pero o Museo de Pontevedra tivo acceso a él para o seu estudio. Sorprendeu a todos pola pureza das súas liñas e factura perfecta do machado de dúas asas. Foi atopado “nunha tobeira de coellos por un can que saíu co machado na boca”. Hai cans que deberían ser Directores Xerais de Patrimonio. As medidas son 155 mm x 39 mm (fío) x 15 mm (grosor baixo a asa). O seu peso é de 300 gr. As súas proporción son armónicas e a riqueza decorativa realza a elegancia deste machado. Ten, en cada cara da folla, tres estrías superficiais, con tres estrías a cada lado menos profundas. A forma moi curva do fío e o acurtamento da folla abonan a función cortante principalmente para madeira. Está datada do 1240 a.C.

Pedroso

27-f-SXulianPedroso_FachadaigrexaA ponte románica construída sobre o Arnego no século XII define, xunto coa tradición da extracción de pedra das súas canteiras, as señas de identidade desta parroquia. Na actualidade hai cinco canteiras abertas nas que se extrae unha pedra de grande calidade, por formar bloques sen fendas.Tamén posúe unha igrexa románica de interese, ademáis da rectoral.

Río

25-f-SantaMariadeRio_casatradicionalUn dos centros comerciais do municipio. A feira que se celebra os 15 de cada mes ten grande tradición na zona. Aínda se conservan parte dos antigos postos de venda, os pendellos, que xunto cos seus panadeiros e os lugares de Casasoa e da Devesa, onde podemos ver dúas tradicionais casas grandes coas súas respectivas facendas, constitúen os seus lugares de maior interese turístico. Sen esquecer o castro de Casasoa. Tamén destaca a súa igrexa barroca con nave rectangular e adicada á Virxe María. Segundo a tradición, é unha das “Tres Virxes Irmás” xunto coa do Faro e a da Pena de Francia. Río foi capital municipal no ano 1876.

Riobó

Situada nas proximidades da capital municipal, nela pódese visitar o seu castro que conta con boa accesibilidade en coche.

Rodeiro - Capital municipal

16-f-SVicenteRodeiro_ConsistorioExerce a capitalidade municipal. No seu núcleo urbán atópanse situados diversos servicios públicos como o Museo e a Biblioteca, a Casa do Concello, o Centro médico, a piscina, o pavillón, …etc.

Rodeiro destaca por ser hoxe o centro da actividade industrial do concello. Empresas, tendas, restaurantes están concentrados no núcleo urbán.

Arquitectónicamente, destaca o edificio do consistorio, levantado sobre unha antiga torre que foi señorío dos Camba ou Churruchaos, podendo apreciar aínda restos da muralla que a rodeaba. É un edificio de dúas plantas, con balcón de pedra e cornixa almenada con dúas torretas nas esquinas.

A “Casa Forte de Rodeiro” xa aparece nomeada no testamento de Andrés Sánchez de Gres no século XIV, a quen lle fora legada polo seu tío Alfonso Sánchez coa condición de formar vínculo con ela. Pero esta fortaleza foi vendida en 1345 xunto con outras propiedades que dona Maior Vázquez de Rodeiro, esposa de Alonso Suárez de Deza “Churruchao”, recibira do seu pai Vasco de Rodeiro, e que foran concedidas polos reis Sancho e Fernando III, chegando ós nosos días pequenos restos daquela construcción, que poden verse na Casa do Arcebispo ou do “Paraíso”. Fora o baluarte máis importante da mitra compostelana na comarca, logo de ser confiscada ós Churruchaos.

Tamén cómpre destacar en Rodeiro a igrexa parroquial románica. Data do século XII e destaca o tímpano semicircular da porta principal. O río Arnego ó seu paso polo centro da vila e na tosta de Gavieiras forma un espacio natural salientable. Na actualidade estase levando a cabo a canalización do río polo centro da vila, formando un gran parque con lago.

San Cristovo do Az

É unha das parroquias que conta con maior extensión. Son famosas as troitas dos seus limpos regatos e posúe varios cruceiros de interese.

San Martiño de Asperelo

33-f-SMartinoAsperelo_igrexaLocalízase ó pé da Serra do Faro, é unha das de maior altitude co concello. De ela parte o antigo camiño que leva a romería do Faro, celebración de gran fama. Lugar de paso oriental dos monxes de Oseira, ten unha igrexa románica de gran interés arqitectónico que data do século XII.

San Paio de Senra

A súa igrexa parroquial, na honra a San Paio, é coñecida en toda a comarca polo seu santo milagreiro contra a tronada.

San Salvador de Camba

Unha das parroquias que leva o selo de Camba no seu nome destaca pola súa romería popular que se celebra o día 9 de setembro. Aínda hoxe acuden a xantar na carballeira xentes de todo o concello, pero tamén da comarca e incluso das provincias limítrofes.

Santa Baia de Camba

Unha das tres parroquias que levan o nome de Camba, está situada na ladeira da Serra do Faro.

Santa Mariña de Pescoso

A igrexa parroquial na honra a Sta. Mariña data do século XII e constitúe un bo exemplo do románico rural. Conserva unha ábsida de grande interese realizada en sillería. O río Pequeno e a pesca forman ourtros atractivos.

Vilela

Constitúe o extremo nororiental do municipio. Destaca o emplazamento castrexo de Cantelle (901m) desde onde se chega a divisar ata a Serra do Courel e os Ancares. O castro conta cun anel defensivo en todo o perímetro, con porta dobre e dende el pódese apreciar outros 3 emplazamentos castrexos nunha paisaxe de claro interese.