Probas de avaliación en competencias clave

11 Marzo, 2019 Concello de Rodeiro

A Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral convocou as probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación.
As competencias clave son un requisito necesario para poder realizar acción formativas dirixidas a desempregrados de nivel de cualificación 2 e 3 e/ou dirixidas a obter un certificado de profesionalidade dos citados niveis, como pode ser o certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas en domicilios.
Aquelas persoas que non rematasen os estudos de ESO ou teñan soamente o título da antiga EXB deben superar estas probas de competencias clave para acceder a cursos de nivel 2, etc.
O prazo para realizar as solicitudes de matriculación remata o vindeiro 29 de marzo e os exames serán o 25 de maio.

Dende o Concello de Rodeiro organízase un curso preparatorio para superar as probas de competencias clave de nivel 2 que se levará a cabo un día á semana en horario de mañá ou tarde en función das persoas matriculadas.

Para recibir máis información sobre este proceso, tipos de exames, solicitude e outras cuestións de interese dirixirse ao servizo de educación familiar municipal.

Tfno: 986790185.  E-mail: educadora@rodeiro.org