Programa de axuda ao alugamento de vivendas

6 Xullo, 2018 Concello de Rodeiro

A través da Orde do 22 de xuño de 2018 a Xunta de Galicia convoca, na anualidade de 2018, con financiamento plurianual, as subvencións do Programa de axuda ao alugamento de vivendas do Plan estatal de vivenda 2018-2021. (DOG nº 123 do 28/06/2018).

A axuda económica mensual pode chegar ata o 50% do aluguer. A renda da vivenda, para o Concello de Rodeiro, non pode superar os 300€ mensuais.

Poderán ser beneficiarios/as aquelas persoas maiores de idade que teñan ou vaian ter un contrato de aluguer dunha vivenda e que esta constitúa a residencia habitual do titular ou titulares do contrato.

Terán preferencia as persoas con discapacidade, mulleres vítimas de violencia de xénero, vítimas de terrorismo, familias monoparentais, familias numerosas e persoas afectadas por desfiuzamentos, entre outros colectivos. Ademais, hai unha liña de axudas específica para menores de 35 anos.

Requisitos económicos: os ingresos máximos da unidade de convivencia non poden ser superiores a 2,5 veces o IPREM do ano 2017.

Prazo de presentación: o prazo de presentación para optar a esta subvención remata o vindeiro 30 de xullo de 2018.

Información: para recibir máis información sobre este programa e a súa solicitude, poden dirixirse ao servizo de educación familiar (teléfono de contacto 986790185, correo electrónico educadora@rodeiro.org).

Información e presentación electrónica da solicitude no seguinte enlace:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=VI432A