Programa de turismo social para maiores imserso 2018/2019

12 Xuño, 2018 Concello de Rodeiro
  1. Persoas beneficiarias:

 Poderán acollerse ó Programa, aquelas persoas que sexan pensionistas e   perceptoras de prestacións  ou subsidios de desemprego  con 60 anos cumpridos

(quedan exentos de cumprir esta condición, as persoas que acudan en calidade de cónxuxes), ademais de persoas perceptoras de pensión por viuvedade, con 55 anos.

Admitirase como segundo acompañante a un fillo/a con discapacidade, sempre que se presente calificación de minusvalía, cunha porcentaxe mínima do 45%.

  1. Destinos e prezos:

Ofértanse modalidades distintas, para que os maiores poidan gozar dunhas vacacións  entre outubro de 2018 e xuño de 2019, segundo a modalidade :

  • ILLAS CANARIAS OU ILLAS BALEARES.
  • VIAXES CULTURAIS, PARA COÑECER A HISTORIA E ARTE DE ESPAÑA.
  • TURISMO DE NATUREZA, CON RUTAS POR PARAXES PINTORESCOS.
  • ANDALUCÍA, CATALUÑA, MURCIA E COMUNIDADE
  1. Documentación necesaria para o trámite:
  • DNI do solicitante e no seu caso do cónxuxe ou parella.

 Para máis información e trámite de solicitudes, pdoerán achegarse ao departamento de servizos sociais do Concello de Rodeiro.

O prazo límite de presentación de solicitudes será o día 26 e febreiro de 2019.