Programa Redes Familiares: obradoiro sobre sexualidade.

28 Novembro, 2018 Concello de Rodeiro

O vindeiro martes día 11 de decembro ás 17:00h. terá lugar no salón de actos do centro cultural municipal “Manuel Lamazares” un obradoiro dirixido a pais, nais e titores legais de cara a formar e informar a este colectivo sobre como abordar a sexualidade coas súas crianzas.

Esta inicitativa encádrase dentro do programa Redes Famliares que se desenvolve a través dos Centros Quérote + dependentes da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. Profesionais do Centro Quérote + de Ourense desprazaranse a Rodeiro para desenvolver esta iniciativa que ten como obxectivo dar a coñecer este recurso e crear un espazo  no que nais e pais poidan expresar as súas inquedanzas, dificultades e dúbidas recibindo formación de persoal especializado nesta temática.

Para poder participar neste obradoiro é preciso unha inscrición previa que pode realizarse no servizo de educación familiar. Tfno de contacto: 986790009. Correo electrónico: educadora@rodeiro.org.

A inscrición é totalmente gratuíta.

No seguinte enlace atópase máis información sobre os Centros Quérote + e o traballo que realizan:

http://xuventude.xunta.es/querote-mais