Programa respiro familiar en balnearios “Cuidarelax” 2017

26 Abril, 2017 Concello de Rodeiro

Trátase dun programa da Unión de Pensionistas (UDP) que ten como obxectivos:

  • Ofrecer ás familias que teñan persoas maiores en situación de  dependencia, espazos de encontro con outras familias que estén na súa mesma situación.
  • Ofrecer formación e axuda para afrontar os coidados da persoa maior dependente dunha forma equilibrada, intentando suavizar o impacto a niver familiar e psicolóxico ao que con frecuencia se enfrontan as familias neste tipo de situacións.
  • Fomentar o desenvolvemento de condutas de autocoidado persoal entre os coidadores.
  • Facilitar a conciliación da vida persoal, social e laboral das familias coidadoras co coidado da persoa maior.

Conxuga o apoio a coidadores coa asistencia a unhas xornadas de fin de semana nun balneario, onde se xuntan os tratamentos termais, o lecer e a psicoeducación. Exténdese a intervención ás parellas ou fillos/as dos coidadores principais de persoas maiores, ao contemplar aspectos desde a transversalidade de xénero para favorecer procesos de igualdade e corresponsabilidade conciliadora no coidado familiar.

Beneficiarios/as

Calquera familia que teña ao seu cargo unha persoa maior en situación de dependencia pode acceder ao programa.

Custes

O programa está financiado polo IRPF e NON ten custo para as familias participantes.

 Estadías

O Balneario onde se realizará este ano 2017 será Termas de Cuntis e as 5 quendas dispoñibles serán:

  • 1ª – do 23 ao 26 de Xuño.
  • 2ª – do 4 ao 7 de Agosto.
  • 3ª – do 11 ao 14 de Agosto.
  • 4ª – do 29 de Setembro ao 2 de Outubro.
  • 5ª – do 13 ao 16 de Outubro.

A estancia máxima no balneario é de 3 noites, entrando o venres pola tarde arredor das 18 horas e saíndo o luns ao mediodía. Os servizos que inclúe a estancia son:

  • Aloxamento (3 noites en habitación dobre)
  • Pensión completa (desde a cea do venres ao xantar do luns, ambas incluidas)
  • Circuito termal

Para maior información e trámite do programa, dirixirse ao departamento de servizos sociais do Concello.