Programa tecendo lazos

17 Novembro, 2017 Concello de Rodeiro

Ata o 5 de decembro continúa aberto o prazo para inscribirse no Programa Tecendo Lazos organizado dende o Departamento de Xuventude e Cohesión Social da Deputación de Pontevedra, a través do que se realizará en Rodeiro un obradoiro de xogos e xoguetes tradicionais no cal maiores e nen@s  compartan e intercambien experiencias e xogos.

Nun primeiro momento o obradoiro estaba orientado a nen@s maiores de 10 anos pero agora poden participar menores de calquera idade sempre e cando vaian acompañados de un familiar, ben sexa pais ou nais, avós…

Aínda que teñen prioridade os nenos e nenas empadroadas no Concello, de existir prazas suficientes poden inscribirse tamén nen@s non residentes habitualmente que, por exemplo, acudan a pasar as festas de Nadal cos seus familiares.

As datas de realización do obradoiro serán os vindeiros 27, 28 e 29 de decembro e 2,3 e 4 de xaneiro. O horario será de mañá, a partires das 10:30h. no Centro Cultural Municipal “Manuel Lamazares”.

O obradoiro é gratuíto e as inscricións poderanse presentar no Servizo de Educación Familiar do Concello. A persoa de contacto é a educadora familiar. O formulario de inscrición facilitarase no propio servizo ou pode descargarse a continuación.

Solicitude para o programa Tecendo Lazos – 2017