Programa Tecendo Lazos

30 Novembro, 2016 Concello de Rodeiro

O Concello de Rodeiro quere invitar ás distintas xeracións do Concello a participar no obradoiro “Brincadeiras de sempre”; trátase dunha actividade na que os participantes construirán xoguetes tradicionais xuntos, coa pretensión de dalos a coñecer ós máis pequenos e a súa vez servirá para mostrar a súa historia. Así mesmo, os rapaces e rapazas terán a oportunidade de mostrar os xoguetes e xogos actuais.

Este obradoiro forma parte do programa “Tecendo Lazos” do departamento de Xuventude e Cohesión Social da Deputación de Pontevedra. Este programa ofrece actividades interxeneracionais, no ámbito do lecer e tempo libre, que busca favorecer as relacións individuais, familiares, comunitarias e sociais entre as distintas xeracións da nosa comunidade.

Está dirixido a persoas de todas as idades, preferentemente empadroadas en Rodeiro, podendo inscribirse de xeito conxunto persoas da mesma familia e tamén de xeito individual.

O obradoiro é gratuíto e as inscricións poderanse presentar no Servizo de Educación Familiar do Concello dende o 30 de Novembro ata o 14 de decembro (ambos incluídos). A persoa de contacto é a educadora familiar. O formulario de inscrición facilitarase no propio servizo.

As actividades desenvolveranse no Centro Cultural Municipal “Manuel Lamazares” nas vindeiras semanas. Proximamente concretaranse as datas e o horario.