Skip to main content
Novas

Programa termalismo social-imserso (Balnearios ano 2017)

By 2 Xaneiro, 2017Agosto 7th, 2019No Comments
  1. Beneficiarios:

* Poderán acollerse ao Programa, todas aquelas persoas que sexan     pensionistas e conten cunha idade mínima de 60 anos; quedando exentos de cumprir esta condición as persoas que acudan en calidade

*  Valerse por se mesmo e non padecer trastornos mentais graves.

Precisar os tratamentos termais solicitados.

 

  1. Destinos e quendas:

Os balnearios que se ofrecen para este ano, presentan unha ampla selección; xa que se pode solicitar praza en 15 Comunidades Autónomas distintas, sendo os correspondentes á nosa, os seguintes:

 

*   Na provincia de A Coruña ofrecense os balnearios de Carballo e Brión.

*   Na provincia de Lugo, Termas Romanas (en Lugo cidade), Rio Pambre (en Palas de Rei), Hesperia Guitiriz (Guitiriz) e Augas Santas (Pantón).

* Na provincia de Ourense, os balnearios de Arnoia, Baños de Molgas, Carballiño, Laias e Lobios.

*  Na provincia de Pontevedra ofrecense os balnearios de Acuña,  Dávila (ámbolos dous en Caldas de Reis) Caldelas de Tuy, Termas de Cuntis,  Merza (en Vila de Cruces) e na Illa da Toxa.

A primeira quenda a solicitar inclúe dende o mes de Febreiro ate Agosto (ámbolos dous incluídos) e a segunda quenda de Setembro a Decembro.

Para maior información e formalización de solicitudes, poderán achegarse ao departamento de servizos sociais do concello.

O prazo de presentación de solicitudes para a primeira quenda rematará o día 12 de xaneiro de 2017 e para a segunda, permanecerá aberto ata o día 11 de maio de 2017.