Programa termalismo social – IMSERSO (Balnearios ano 2018)

30 Novembro, 2017 Concello de Rodeiro
  1. BENEFICIARIOS:

* Poderán acollerse ao Programa, todas aquelas persoas que sexan     pensionistas ou perceptores de prestacións de desemprego e conten cunha idade mínima de 60 anos, 55 anos para perceptores de pensión viuvedade; quedando exentos de cumprir esta condición as persoas que acudan en calidade de cónxuxes.

* Asimesmo poderán ser adxudicatarios de praza, os fillos con discapacidade, en grao igual ou superior oa 45% .

*  Valerse por se mesmo e non padecer trastornos mentais graves.

Precisar os tratamentos termais solicitados.

 

  1. DESTINOS E QUENDAS.-

Os balnearios que se ofrecen para este ano, presentan unha ampla selección; xa que se pode solicitar praza en 15 Comunidades Autónomas distintas, sendo os correspondentes á nosa, os seguintes:

*   Na provincia de A Coruña ofértanse os balnearios de Carballo e Brión.

*   Na provincia de Lugo, Termas Romanas (en Lugo cidade), Rio Pambre (en Palas de Rei), Hesperia Guitiriz (Guitiriz) e Augas Santas (Pantón).

* Na provincia de Ourense, os balnearios de Arnoia, Baños de Molgas, Carballiño, Laias e Lobios.

*  Na provincia de Pontevedra ofértanse os balnearios de Acuña,  Dávila (ámbolos dous en Caldas de Reis) Caldelas de Tuy, Termas de Cuntis,  Baños da Brea (en Vila de Cruces), Mondariz e na Illa da Toxa.

A primeira quenda a solicitar inclúe dende o mes de Febreiro ate Agosto (ámbolos dous incluídos) e a segunda quenda de Setembro a Decembro.

Para maior información e formalización de solicitudes, poderán achegarse ao departamento de servizos sociais do concello

O prazo de presentación solicitudes para a primeira quenda rematará o día 04 de xaneiro de 2018 e para a segunda, permanecerá aberto ate o día 11 de maio de 2018.