Programa xuntos polo nadal 2017

8 Novembro, 2017 Concello de Rodeiro

Este ano ao igual que en anteriores,  preténdese levar a cabo o Programa   “ Xuntos polo Nadal ”; orientado ás persoas maiores (de 60 anos en adiante), que valéndose por se mesmas e contando con escasos recursos económicos, vaian a pasar en soidade as festas de Nadal.

Deste xeito, terán a posibilidade de desfrutar duns días de vacacións totalmente gratuítas para os solicitantes con rendas inferiores ó IPREM (537,84 € mensuais) e participación de 50 € no resto dos casos, e así poder compartir estas datas tan entrañables, nun clima de convivencia e participación, xunto con outras persoas que se atopen nas mesmas circunstancias.

Para os solicitantes da provincia de Pontevedra, ofértanse prazas  na Residencia de Tempo Libre Do Carballiño (Ourense);  na quenda comprendida entre o día 23 de decembro de 2017 e  o día 7 de xaneiro de 2018, data esta de regreso a casa.

A documentación a presentar para poder participar en ”Xuntos polo Nadal”, é a seguinte:

  • D.N.I e Tarxeta Sanitaria

O prazo de presentación de solicitudes, rematará o vindeiro 17 de novembro de 2017.