Programa xuntos polo nadal 2018

5 Novembro, 2018 Concello de Rodeiro

Este ano ao igual que en anteriores,  preténdese levar a cabo o Programa   “ Xuntos polo Nadal ”; orientado ás persoas maiores (de 60 anos en adiante), que valéndose por si mesmas e contando con escasos recursos económicos, vaian a pasar en soidade as festas de Nadal.

Deste xeito, terán a posibilidade de desfrutar duns días de vacacións totalmente gratuítas para os solicitantes con rendas inferiores ó IPREM (537,84 € mensuais) e participación de 50 € no resto dos casos, e así poder compartir estas datas tan entrañables, nun clima de convivencia e participación, xunto con outras persoas que se atopen nas mesmas circunstancias.

Para os solicitantes da provincia de Pontevedra, ofértanse prazas  na Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense),  na quenda comprendida entre o día 23 de decembro de 2018 e  o día 7 de xaneiro de 2019, data esta de regreso a casa.

A documentación a presentar para poder participar en ”Xuntos polo Nadal”, é a seguinte:

  • D.N.I e Tarxeta Sanitaria

O prazo de presentación de solicitudes rematará o vindeiro 15 de novembro de 2018. Para recibir máis información contactar con servizos sociais municipais.