Proxecto equal-camba: “abc da igualdade para as familias” Formación en igualdade para nais e pais. Actividade cofinanciada pola deputación de Pontevedra

31 Outubro, 2017 Concello de Rodeiro
carrtel-taller-de-coaching-familiar-rodeiro

Ao longo do mes de novembro e decembro prográmase esta novidosa actividade que se fundamenta nas técnicas de coaching familiar e a educación emocional coma estratexias para abordar a educación dos fillos e fillas baixo os principios da igualdade e o respecto.

Desenvolveranse 10 talleres de unha hora e media de duración cada un, distribuídos en dous grupos. O primeiro grupo diríxese a  pais e nais con fill@s que se atopen cursando ensinanzas de educación infantil e primaria e o segundo grupo formarase con proxenitores con menores que cursan ensinanzas de secundaria.

Que se ofrece a través desta actividade?

TALLER DE COACHING FAMILIAR

Ferramentas e recursos que axuden a fortalecer as relacións familiares no fogar.

Técnicas para mellorar a comunicación cos fillos e fillas.

Entender a importancia de educar dende o respecto e a igualdade.

Resolver conflitos que poidan surxir no sistema familiar no momento de adoptar principios de corresponsabilidade e coeducación.

Entender mellor as necesidades dos menores construíndo empatía e confianza mutua.

Aprender a recoñecer e xestionar as emocións como familia.

A actividade correrá a cargo de profesionais expertas  en coaching e educación familiar dende a disciplina positiva.

Para recibir máis información e inscribirse na actividade contactar co Servizo de Educación Familiar: educadora@rodeiro.org, tfno.: 986790009

Os grupos de traballo son reducidos, existindo só 10 prazas dispoñibles en cada grupo.

O lugar de desenvolvemento dos talleres será o Centro Cultural Manuel Lamazares e comezarán ás 21:30 h., unha vez á semana. O horario pode modificarse en función das necesidades e preferencias dos membros de cada grupo.