Proxecto Equal-Camba: Ciclo de vídeo fórum “E ti que pensas?”

18 Setembro, 2017 Concello de Rodeiro

Nos meses de setembro, outubro e novembro desenvolverase nas parroquias do concello un ciclo de vídeo fórum que, baixo o título E ti que pensas?, se abordará a problemática da violencia de xénero e a desigualdade entre homes e mulleres especialmente nas zonas do rural.

A actividade consistirá na proxección de material audiovisual e o posterior debate e reflexión sobre o visualizado, así coma na transmisión de información sobre recursos e axudas existentes para as vítimas de violencia. Será unha actividade dinámica e participativa, tratando de achegar os recursos ao entorno máis próximo da muller e crear conciencia na comunidade da situación das vítimas de violencia de xénero.

O cronograma previsto para o desenvolvemento da actividade é o seguinte:

  • 1º taller: 28 de setembro ás 11:00h. na casa escola de A Latiza.
  • 2º taller: 10 de outubro ás 11:00 h. na casa escola de San Salvador.
  • 3º taller: 16 de outubro ás 11:00 h. na casa escola de San Martiño.
  • 4º taller: 25 de outubro ás 11:00 h. na casa escola de Santa Baia.
  • 5º taller: 10 de novembro no local social de Guillar. Pendente de concretar horario.
  • 6º taller: 24 de novembro no Centro Cultural Municipal. Pendente de concretar horario.

Dende o concello informarase directamente ás diferentes asociacións municipais de cara a que se impliquen na difusión das actividades e na participación nas mesmas dado que é un tema no que todos os axentes da comunidade debemos traballar en conxunto.

Nos talleres, que terán unha duración aproximada de 2 horas e media,  poderá participar calquera veciño/a maior de idade. Non é preciso unha inscrición previa. Para recibir información concreta ou resolver dúbidas contactar co servizo de educación familiar.