Resultado do sorteo público dos premios aos participantes na iniciativa Rodeiro de Tapas 2018

25 Maio, 2018 Concello de Rodeiro

No día de onte realizouse na Casa do Concello o sorteo público dos premios establecidos nas Bases para os participantes da iniciativa Rodeiro de Tapas 2018, nas modalidades de pasaportes e papeletas de votación, co resultado que se contén no documento anexo.

Lémbrase que os premios non reclamados/recollidos caducarán aos trinta días naturais, contados a partires da data do sorteo, pasando estes aos designados como reservas.

Acta do sorteo dos premios aos participantes