Skip to main content
Novas

Empeza Rodeiro de Tapas

By 17 Abril, 2015Abril 21st, 2015No Comments

Con este concurso búscase converter Rodeiro durante tres fins de semana, que habitualmente non son de gran afluencia de público, en referencia non só na comarca, senón para visitantes doutras zonas .
Para este ano, apostase por levar a cabo o concurso en tres fins de semana.

  • 17, 18 e 19 de abril. Neste caso queremos aproveitar a celebración da Foliada dos Varacuncas, para animar a que antes visiten os establecementos de Rodeiro para probar as súas tapas, e o mesmo tempo colaborar na promoción da fantástica foliada.
  • 24, 25 e 26 de abril
  • 1, 2 e 3 de Maio. Nesta fin de semana é cando o xurado profesional se encargará de probar e puntuar as tapas do concurso.

Locales participantes e tapas:
1- PUB QUIRÓS. Tapa: “Saquiños de Camba”.
2- CAFÉ DESITO. Tapa: “Sorpresito”.
3- CASA SÁNCHEZ. Tapa: “Anda o cocho no pote”.
4- HOSTAL AS CARPINTEIRAS. Tapa: “A Cocidiña”.
5- CABALEIROS DO FARO. Tapa: “Óes!!”.
6- PUB GALLAECIA. Tapa: “MiniBurguer de Rabo e Queixo”.
7- A ESMORGA. Tapa: “Polbo do cortello”.
8- MESÓN O GUERRA. Tapa: “Solombo do Guerra”.
9- TABERNA BRUXAS E CURUXAS. Tapa: “Arre demo”.
10- CASA ACHACÁN. Tapa: “Envidia cochina”.
11- MESÓN A RODA. Tapa: “Capón o saco”.
Haberá importantes premios para o público participante.
Máis información nos perfís oficiais do concurso en Facebook, Twitter e Instagram.