Sesión informativa sobre teleasistencia domiciliaria

16 Novembro, 2018 Concello de Rodeiro

Esta charla informativa que promove a institución provincial ten por obxecto dar a coñecer á veciñanza a importancia do servizo de teleasistencia que ten como obxectivo fundamental permitir a permanencia das persoas usuarias no seu medio de vida habitual e o contacto permanente co seu entorno socio-familiar, evitando o illamento social, a soidade e asegurando a intervención inmediata ante situacións críticas, o que repercute moi positivamente na calidade de vida destas persoas.

A teleasistencia domiciliaria permite a persoas de avanzada idade ou con algún tipo de diversidade funcional manter a súa independencia e continuar vivindo no seu domicilio con tranquilidade e seguridade, coa consecuente mellora na súa calidade de vida que isto implica. Ante unha situación de emerxencia no fogar, con só pulsar un botón, os e as usuarias reciben asistencia inmediata, 24 horas ao día e 365 días ao ano, mobilizando os recursos necesarios para dar solución ao problema. Isto é posible grazas a un terminal asociado á liña telefónica, que se instala nos domicilios e que permite establecer unha comunicación directa desde calquera punto da casa, similar ao sistema de “mans libres” dos teléfonos móbiles.

A data de celebración desta sesión informativa será o vindeiro xoves 22 de novembro no Centro Cultural Municipal Manuel Lamazares ás 19:00h. da tarde.

Cartel_teleasistencia-RODEIRO-II