Subvencións para actividades culturais e deportivas 2017

26 Xaneiro, 2018 Concello de Rodeiro

No Boletín Oficial da Provincia núm. 19, correspondente ao día de hoxe, figuran publicados os anuncios de convocatoria das subvencións para actividades culturais e para actividades deportivas correspondentes ao ano 2017. O prazo de presentación das solicitudes e da súa xustificación remata o día 7 de marzo de 2018.

As asociacións solicitantes das subvencións deberán utilizar os modelos oficiais de solicitude e de conta xustificativa que se poden descargar no enlace anexo. Lémbrase que se debe presentar una solicitude individualizada por cada unha das actividades para as que se soliciten subvención.

Modelos de solicitude e de conta xustificativa (pdf).

Anuncio subvencións deportivas (pdf).

Anuncio subvencións culturais (pdf).