03_IgrexaVarias das igrexas establecidas no territorio de Rodeiro ostentan o título de xoias do románico galego e, como tal, cómpre un alto no camiño. É o caso das parroquiais de Asperedo, Carboentes ou Pedroso. Xunto a elas, érguense importantes monumentos da arquitectura civil, como o Pazo de Trasulfe, fundado non século XVI, ou Pazo de Camba, mostra do peso dos Señores de Camba no territorio, e as casas rectorais de Couto e de Guillar, ámbalas dúas de mediados do século XVIII.

A Tulla

A tulla é unha torre de 10x10x12 metros, de perfecta sillería, que conserva na actualidade a escaleira, dúas fiestras de doble arco e tres dos catro laterais.

Está situada no lugar de Outeiro en Fafián.

Serviu como almacén de gran onde os monxes de Oseira recollían as rendas

Cantelle

É un dos emprazamentos castrexos máis emblemáticos de Rodeiro. Situado a unha altura aproximada de 900 metros, ten un perímetro ben definido polo anel defensivo que o protexe, que nalgún lugar chega a acadar gran altura (8 m). Desde él domínase unha extensa paisaxe, podéndose ver varias decenas de quilómetros á redonda. Nas proximidades divísanse outros castros de altura, como castro pequeno e castro grande de Casares ou o castro de A Somoza, nun entorno de claro interese histórico e beleza.

Riobó

Baroncelle

É o máis grande do municipio. Hai moitas lendas en torno a este castro.

Casasoa

Na parroquia de Río. Ofrece unha bela panorámica do Val de Camba. Conserva a estructura fortificada e parte das murallas.

Nas proximidades da igrexa parroquial, o cruceiro do Salto é un notable exemplo de imaxiniería relixiosa. Ten dúas figuras: un Cristo crucificado cos atributos da paixón e as mans medio pechadas e a Virxe maría sola, orando e sostida por unha peana. A súa altura total de preto de cinco metros sostense sobre unha columna octogonal coroada por un capitel de tronco de pirámide invertido.

Asperelo

igrexaA igrexa desta parroquia situada ó pé da Serra do Faro é unha das máis fermosas do concello. Comezou a construirse cara o ano 1225 sobre un solar doado ó Mosteiro de S. Pedro de Vilanova de Dozón polo Emperador Alfonso. Consérvase a planta orixinal con unha soa nave e ábside rectangular con dúas portas laterais enriquecidas con boa decoración. No seu interior destaca o bo número de capiteis e figuras esculpidas.

Pescoso

Igrexa originaria do románico rural, da que só se conserva o seu abside. Viu descorrer ó longo dos séculos unha primeira ampliación no S.XVII e a construcción da sua actual fachada a principios da presente centuria. Arquitectónicamente conta con nave única e ábside semicircular de perfecta cantería. A fachada meridional conta con restos románicos: figuras de cabezas de animais na cornixa e porta de arco de medio punto. Os muros laterais están compartimentados por dúas columnas cada un, ços que lle faltan os capiteis. COnta con arco triunfal de medio punto peraltado sobre columnas de capital vexetal. Alterna bóveda de cañon con bóveda de forno. Destaca interiormente a Pía Bautismal de finais do S.XII en forma de copa decorada con cenefas moi desgastadas, moi interesante exemplo.

Rodeiro

A igrexa de Rodeiro, de estilo Románico e contruida no século XII, está recoñecida como un exemplo de pureza ornamental.

Pedroso

A igrexa de pedroso, e un edificio de época románica con reformas posteriores. Consta de un ábside reducido, e nave de planta rectangular. A sua portada presenta un arco de medio punto con decoración perlada, capiteles con decoración vexetal e figurativa, con animais afrontados sobre columnas e un pequeno óculo semicircular sobre a porta.

Camba

Anexa ó pazo de Camba, sitúase a igrexa, hoxendía parroquial, pero en orixe pertencente ó pazo, que tiña acceso directo a ela a través dunha porta na tribuna. A igrexa data do século XII como capela patrimonial dos señores da Casa de Camba. No ano 1618 foi ampliada e reformada, pero na remodelación perdeu, tristemente, a súa portada románica, realizándose unha fachada de estilo barroco. Conserva o arco triunfal, a bóveda e preciosos capiteis. Na ábsida existen enterramentos da casa de Camba coas súas armas, destacando o de Fernando de Camba por poseer unha inscrición referente á concesión do ducado de Camba como recompensa á súa participación na Reconquista de Granada por parte dos Reis Católicos. Este é un dato controvertible, posto que o termo latino que se utiliza “dux” significa principalmente guía, xefe, xeneral, e faría mención a que dirixiu parte da tropa na toma de Granada e non se referiría a duque, non existindo, ademáis, ningún documento de concesión. A inscrición data de 1510 e afirma literalmente:

“HIC EST SEPULTUS FERDINANDUS D CAMBA
DUX EN BELIS GRANADE
OVIT ANO MDX”

(Aquí está sepultado Fernando de Camba, xeneral na guerra de Granada. Morreu no ano 1510)

Como testemuñas da prehistoria, atópanse en Rodeiro varos castros. Mais o indicativo máis claro da importancia prehistórica de este enclave, son as máis de 90 mámoas cas que conta, entre as que destaca a Mámoa do Coto dos Mouros, na parroquia de Salto.

pazo-cambaCamba

O Pazo de Camba é emblemático pola súa historia e pola súa construcción e coñecido noutro tempo como Casa Forte de Camba ou Casa dos Churruchaos, a quen pertenceu. Este noble solar é morada da linaxe dos Camba, a máis sobranceira de Rodeiro. A súa orixe, ó igual que a dos habitantes destas terras, está vencellada, segundo García de la Riega, co pobo dos kempsios ou cempsios, pobos kinros anteriores ós celtas, aínda que non é ata a época medieval cando aparecen as primeiras mencións a esta familia. Segundo os autores do libro Historia da casa-fortaleza de Camba, a primeira mención coñecida da “Terra de Camba” data do ano 832, data na que o rei Alfonso II “o casto” concedeu a San Salvador de Oviedo varias igrexas desta comarca a efectos de pagar o censo eclesiástico, pero continuando baixo a autoridade do bispo de Lugo.

A súa casa fortaleza destaca pola boa sillería na que está realizada e na que sobresae a torre de 8 x 8 metros, con baixo e dous pisos con matacáns, troneiras e dúas chimeneas. Á torre accédese a través da escaleira do patín. A casa posee un importante arquivo de grande valor documental e histórico, pois conserva moitos documentos relativos a pleitos, foros, arrendos e testamentos.

Trasulfe

O Pazo de Trasulfe foi fundado a finais do século XVI, dubidándose se tal feito correspondeu a D. Pedro López Varela de Camba ou a D. Galaor Taboada López de Lemos. O certo é que esta é unha das construccións máis representativas da historia solariega galega, como testemuñan os sete escudos que engalanan o seu portalón, os dous do patio interior, e a Cruz de Malta esculpida sobre a porta da capela. A edificación presenta unha pranta en U pouco pechado, á que se accede a través dun noble portalón con portada de medio punto e grandes dovelas. Entre os elementos exteriores destaca a gran solaina e a balconada lateral que aportan movemento á parede adintelada.

Ponte medieval de Pedroso

Esta ponte comunicaba as terras de Rodeiro cos territorios occidentais e dela afírmase que marca o centro de Galicia.

Pola ponte de Pedroso pasou un lobo rubio roendo nun óso duro, roe, lobo rubio, roe nese óso duro. (Trabalinguas)

Levantada cara o século XII, foi testemuña do ir e vir de numerosos carros que, cargados de pedras das canteiras de Pedroso, abastecían a construcción de todo o concello.

vila-romanaPorta de Arcos

O xacemento arqueolóxico coñecido como “Porta de Arcos” foi excavado en 1972 polo Museo de Pontevedra, descubrindo restos dunha importante vila romana: bases de columnas, cravos de ferro, bronces do século II, valados de mampostería, cerámica, tégulas e vidro. A maior parte dos materiais atopados están depositados no Museo Provincial de Pontevedra, contando o Museo Municipal de Rodeiro cunha pequena mostra.

¿Qué é unha vila romana?

Despois da conquista romana do Noroeste, producíronse uns cambios fundamentais no poboamento, na economía, na sociedade e mesmo na ideoloxía dos pobos castrexos, pero estes, aínda mudando e evolucionando notablemente, non desapareceron.

A arqueoloxía comproba a miúdo a pervivencia de moitos castros como lugares de habitación, se ben agora só como un dos tipos de hábitat rural, mentres outra parte da poboación (presuntamente a máis “romanizada”) vivía en cidades e pequenas vilas, ou cerca dos campamentos militares, ou nas villae ou grandes mansións rurais ou costeiras, xeralmente tardías.

- Materiais recuperados

1. Cerámicos
· Fragmentos de ánforas romanas
· Fragmentos de cerámica común romana
· Fragmentos de cerámica fina de mesa romana
· Fragmentos de tégulas e ímbrices romanos
· Fragmentos de ladrillos e opus caementicium romanos

2. Metálicos
· Ferramentas diversas de época galico-romana
· Restos de armas de época galaico-romana
· Restos de escouras
· Cravos de ferro
· Bronces

3. Pétreos
· Valados de mampostería
· Bases de columnas

4. Vidros

A maior parte dos materiais atopados están depositados no Museo Provincial de Pontevedra, contando o Museo Municipal de Rodeiro cunha pequena mostra de tégulas, ladrillos, cerámica e ferramentas de ferro.