Unidade móbil de doazón de sangue o vindeiro 28 de novembro

21 Novembro, 2017 Concello de Rodeiro

A nova Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que integra o traballo do Centro de Transfusión de Galicia, subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia.
Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento,
análise e conservación. Establécese con cada hospital unhas reservas de seguridade de cada grupo sanguíneo e, diariamente, envíanse os compoñentes sanguíneos que precisan para a súa
actividade asistencial programada e facer fronte ás urxencias.
Unha destas unidades móbiles desprazarase ata Rodeiro o vindeiro 28 de novembro en horario de 16:30 a 21:00.

Dende a Axencia Galega de Sangue agradecen a  constante colaboración, vital para tratar de acadar as 500 doazóns de sangue que se precisan cada día para axudar a centos de enfermos.

– Non esquezas traer o teu DNI.

– Non acudas sen almorzar e despois do xantar espera 2 horas.

– Informa ao médico se estás a tomar algún medicamento.

 

Máis información:

Informe-ados-2017-gal-xuno-17

A-doazon-de-sangue-e-os-requisitos-marzo-2017