Skip to main content
Novas

VISITA A SOGAMA

By 1 Xaneiro, 1970No Comments

Os alumnos de 5º e 6º de Primaria do Colexio Público Integrado de Rodeiro visitaron as instalacións de SOGAMA en Cerceda.

Esta actividade enmárcase dentro do plan de sensibilización medioambiental promovido pola Concellería de medio ambiente do Concello de Rodeiro e cuia principal finalidade é a concienciación cidadá da problemática da xeración de residuos, así como a súa axeitada separación.

Outras actividades que tiveron como principais destinatarios aos máis cativos foron as charlas impartidas pola técnica municipal de medio ambiente no devandito colexio. A temática das mesmas foi a recollida selectiva dos residuos sólidos urbáns.

Leave a Reply