Que é?

O voluntariado no Concello de Rodeiro supón un claro exercicio de cidadanía e de participación que acada o seu máximo significado dende a solidariedade e a xustiza, como dous dos valores humanos máis importantes. O voluntariado debe ter as seguintes características:

· acción altruista e solidaria
· acción libre
· accións sen remuneración económica

Quen é?

Considérase persoa voluntaria aquela que de xeito libre, altruista e responsable, realiza actividades en favor dos demais no Concello de Rodeiro, sen ánimo de lucro e sen recibir contraprestacións económicas.

Quen pode ser?

Todas as persoas empadroadas no Concello, maiores de idade que, de maneira solidaria, queiran actuar en favor dos demais ou da sociedade. Os menores de idade tamén poden ser voluntarios sempre que estean autorizados polos seus titores.

No departamento de Servizos Sociais, atendendo á xente maior ou calquera outra persoa que o necesite polas súas condicións persoais (físicas, cognitivas ou sociais), no de Medio Ambiente, levando a cabo actuacións que contribuian no medio natural que nos rodea, así como no departamento de Cultura e Xuventude, participando na organización de eventos e na elaboración de programas de actuación que redundan básicamente na nosa mocidade.

Que facemos?

· Cursos de formación básica e específica
· Acompañamento a persoas maiores e/ou persoas con discapacidade.
· Localización e posterior recuperación de pequenos vertedoiros incontrolados
· Colaboración na realización do Entroido, Campamentos, Festa da Xuventude, Magosto, etc.
· Outras actividades

Dereitos

· A non ser discriminado
· A realizar accións nun entorno próximo
· A ter os medios e recursos necesarios
· A ter un seguro de responsabilidade civil
· Recibir certificados do seu traballo
· Recibir de balde a formación necesaria

Obrigas

· Non percibir contraprestacións de ningún tipo
· Ser respectuoso e dinámico
· Actuar de forma dilixente, responsable e solidaria
· Complementar o traballo dos profesionais, non substituilo
· Comprometerse a realizar unha serie de actividades concretas